O festival Arteficial é un festival especial, que ten lugar en Ribadavia. Normalmente celébrase durante o mes de Setembro. Nos últimos anos adoptou un formato maioritariamente diurno, aínda que no pasado tiña un formato e estilo diferente. O festival está organizado por unha asociación formada por mozas e mozos do Ribeiro, que teñen como principais obxectivos promocionar as bandas locais e potenciar as diversas formas de expresión cultural.

É unha gozada visitar Ribadavia no verán e xa se coincide co día do festival, simplemente perfecto.
Na área onde se organiza actualmente o festival, hai diferentes tipos de escenarios. Varios exteriores, pero tamén algún dos concertos ten lugar no interior da igrexa da Madalena. Esta igrexa, está situada en pleno barrio xudeu e é perfecta para os concertos máis íntimos e en acústico.
Concertos


Ademais de gozar de boa música, os asistentes tamén poderán comer no mesmo recinto. Todos os anos hai varias « food truck» e postos de comida, que se encargan da parte gastronómica. Tamén existen mesas e bancos no recinto, para que todo o mundo poida comer tranquilo e gozar do evento.


Postos
Se queres levarte algún recordo ou comprar algo, no mesmo recinto, instálanse unha serie de postos de artesáns e artistas. Alí mostran as súas creacións e véndenas ao público. Todo isto, crea unha xenial atmósfera para gozar en familia.


Comida
Ademais, existen diferentes posibilidades para a hora para comer e recargar forzas. Desta forma, poderás seguir a lume de biqueira durante todo o festival. Deixámosche unhas imaxes, para que se che vaia abrindo o apetito.



En definitiva, non debes perder a oportunidade de asistir o próximo ano 2021. O festival Arteficial terá lugar en Setembro e seguro que non te decepcionará. O equipo que traballa na súa organización, sempre está a pensar en novas ideas para facelo inesquecible.


Por encima de todo, é un evento de balde e aberto a todo o público que teña ganas de pasar un bo intre, gozar da música e porqué non tamén, do saboroso viño ribeiro!
Se quedaches coas ganas de coñecer Ribadavia un pouco máis, na seguinte entrada falamos máis sobre esta vila:

Podes seguir a Arteficial nas redes sociais facendo clic aquí (Facebook) ou aquí (Instagram).
Se queres estar ao tanto de novas publicacións no noso blogue, podes seguir a @boturismo nas redes tamén facendo clic aquí(Facebook) ou aquí(Instagram).